Monday 06 de May de 2024

Os Servizos Sociais da Mancomunidade informan da apertura do programa Xuntos polo Nadal


O programa permite ás persoas maiores desfrutar das celebracións do Nadal en compañía, nas residencias do Carballiño e Nigrán

O Departamento de Servizos Sociais da Mancomunidade de Ordes pon en coñecemento das persoas maiores que xa está aberto o prazo para participar no programa ‘Xuntos polo Nadal’. Trátase dunha iniciativa que permite ás persoas de 60 anos en adiante pasar as festas en compañía. Concretamente entre o 23 de decembro e o 2 de xaneiro.

En total ofértanse 240 prazas, das cales 120 correspóndenlle á Residencia de Tempo Libre do Carballiño para os solicitantes das provincias de Lugo e Pontevedra, e as 120 restantes á residencia de Panxón para os de Ourense e A Coruña. Entre os requisitos esixidos figuran estar empadroados nalgún dos concellos galegos e vivir no seu domicilio, estar só nas datas do Nadal, non estar acollido nun centro residencial e valerse por si mesmo.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o mesmo 20 de novembro. Aquelas persoas con menores recursos económicos ( ingresos inferiores ao IPREM (532€) poderán optar a prazas gratuítas, mentres que para os demais terá un custo de 50 €.

Para acadar máis información pódese chamar ao teléfono 900333666, ou acceder á páxina web www.benestar.xunta.es.